Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000006
Clasificación Genérica Ferramentas e útiles
Objeto/Documento Pulidor
Materia/Soporte Granito [Granito con cuarzo, dúas micas [biotita (negra); moscovita (branca)], feldespato indiferenciado e plaxioclasas. Lixeiro porfirismo provocado polos feldespatos e as plaxioclasas.]
Técnica Puído
Dimensiones Lonxitude = 20,90 cm; Grosor máximo = 10,30 cm; Peso = 8400 gr; Anchura máxima = 19,20 cm
Descripción O bloque poliédrico fracturado nunha das súas faces é o soporte dun posible puidor. A análise morfolóxica do bloque distingue unha serie de datos xeométricos: oito caras ben diferenciadas; dezaseis arestas; un mínimo de catro diagonais; e o mesmo número (11) de vértices, ángulos diédricos e poliédricos. Se a estes datos engadimos o feito de que a posible base amosa unha forma pentagonal irregular e que as caras laterais son subrectangulares, teríamos que a morfoloxía xeral se definiría como unha figura de xeometría prismática, pentagonal e irregular. A superficie da peza evidencia un acabado heteroxéneo. Nas caras laterais presenta uns cortes irregulares, sobre todo na parte onde as fracturas son máis evidentes, pero esta tendencia altérase na mencionada base, que pese a ser moi groseira, revela cinco negativos con marcas de apicoado ou coviñas moi irregulares, ao contrario que a cara oposta, que mostra unha subdivisión diagonal en dúas faces, unha afectada por una abrasión homoxénea e outra cun negativo ou concavidade, de morfoloxía elipsoide, puído e ben delimitado. Esta última característica morfofuncional -e en ausencia da parte fracturada- explicaría a definición da posible utilización como pulidor móbil, ou exento, que lle atribúe a bibliografía. Por último, a materia prima granítica presenta un gran fino-medio, cun grao de alteración incipiente.
Contexto Cultural/Estilo Megalítico
Uso/función Segundo Cuevillas, é un puidor para preparar machados. Tamén podería ser un molde ou morteiro.
Lugar de Procedencia Vilamarín (Ourense (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Val do Barbantiño
Bibliografía Noticias. 1902. Páx. 32.; [...] descollando entre todos una piedra alisadora de granito de 17 centímetros en cuadro por 10 de espesor, con seis huellas cóncavas de distintas formas, importantísimo ejemplar en el que se revelan con toda claridad los procedimientos empleados por el hombre del período neolítico para la fabricación y pulimento de las hachas y demás útiles de que se servía. [...].; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. II. Núm. 25.

DARRIBA BARBA, Xermán. Pezas líticas puídas. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 06/2013. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2013_06.pdf>

FÁBREGAS VALCARCE, R. Megalitismo del Noroeste de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos. Madrid (m): UNED, 1991. p. 348. Neste artigo cita o mobiliario dun túmulo explorado polo enxeñeiro M. Díaz Sanjurjo pero non menciona ningún bloque lítico.

FERNÁNDEZ ALONSO, B. Galicia Prehistórica. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 1909, nº 67p. 354; [...] un bloque extraído de una mámoa por el ingeniero Sanjurjo, qeu ostenta, por un lado, el hueco de un hacha de piedra; por el otro, cuatro escudillas y la mitad del hueco de otra hacha igual á la primera [...]; III, nº 67.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. La época megalítica en el Noroeste de la Península Ibérica. Caesaraugusta. CSIC, 1959, 13-1421-77. p. 44; [...] un pulidor de hachas fabricado en una piedra granítica [...].

LÓPEZ CUEVILLAS, F. Nota en col do mobiliario d´algunhas mámoas galegas depositado no Museu d´Ourense. Boletín de la Real Academia Gallega. Santiago de Compostela: 1925, nº176pp. 178-179, 183. Fig. 2/5; Páx. 179. [...] Un polidor de pedra de grá moi dura, de seis kilos de peso e aplanaido ruinmene a catro caras, n-unha das coales conserva un oco longo de 10 centímetros, destiñado pra traballar machados.; XV.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. Prehistoria. 1973. p. 65; [...] un puidor de machado feito de pedra de grao, [...]; Historia de Galicia (dir. por Otero Pedrayo), vol. III, Buenos Aires.

LÓPEZ CUEVILLAS, F; LORENZO FERNÁNDEZ, X. Nuevo material de mámoas del valle alto del Barbantiño. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 1959-1960, XX. p. 64; [...] un pulidor de Granito para hachas de piedra [...].
Catalogación Comendador Rey, Beatriz; Darriba Barba, Xermán
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6